fbpx

Día da Música: «Música para camiñantes»

Cuando:
21 junio, 2020 a las 11:00 am – 9:00 pm
2020-06-21T11:00:00+02:00
2020-06-21T21:00:00+02:00
Donde:
Santiago de Compostela
Precio:
Gratuito

Baixo o lema «Música para camiñantes», o domingo 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música. Compostela únese a esta celebración cun programa de concertos ao aire libre de diversos estilos en prazas e rúas ao longo de toda a xornada.

De 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 h, Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia encherán de música tradicional varios espazos da cidade. Farano con pequenas formacións, que chegarán ata Concheiros, San Pedro, Basquiños, zona vella, praza de Galicia, Ensanche e Romero Donallo.

Ao mediodía (12:00 h), o grupo de clarinetes da Banda Municipal ofrecerá un concerto na praza Roxa, con obras de Mozart, Grundman, H. Mancini, B. Goodman, S. Joplin e G. Baudot. Unha hora despois (13:00 h), tomará o relevo o grupo de saxofóns na praza das Praterías, cunha actuación titulada «Música entre danzas», na que os/as músicos/as interpretarán obras de C. Debussy, D. Shostakovich, L. Florenzo, A. Piazzola, P. Iturralde e G. Miller.

Xa pola tarde, cambio de estilo e de escenario. Ás 18:00 h, o parque Eugenio Granell (xardín ornamental do parque Novo Milenio) acolle a actuación ao piano de Aida Saco. E ás 18:45, concerto de Ton Risco ao vibráfono na praza das Pontes do Sar.

A praza Roxa (cruceiro do Agro de Ramírez) será o lugar onde, ás 19:30 h, as voces femininas do coro Sisters in the House deleitarán ao público co seu innovador e premiado espectáculo. O Día Europeo da Música pecharase a ritmo de jazz na rúa de San Clemente, coa actuación ás 20:15 h de Gerson Tineo Trío.