fbpx

DAIMON Y LA JODIDA LÓGICA

Cuando:
3 julio, 2020 a las 8:30 pm – 9:30 pm
2020-07-03T20:30:00+02:00
2020-07-03T21:30:00+02:00
Donde:
Auditorio de Galicia
Precio:
10 €

A última creación de Matarile dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizan dúas audicións onde se presentan 150 candidatos, dos cales dous son seleccionados para incorporarse ao proxecto DAIMON.

O destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa. Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente. Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro.

Pero a min interésame máis o daimon que tamén é eu, o noso eu incomprensible, unha parte de nós que conecta co irracional, co misterio, co fantástico; unha porta ao extraordinario, ao que nos salva, ao sublime ou á tolemia.