fbpx

Cultivar Incertezas

Cuando:
18 febrero, 2021 – 23 mayo, 2021 todo el día
2021-02-18T00:00:00+01:00
2021-05-24T00:00:00+02:00
Donde:
CGAC - Santiago de Compostela
Precio:
Gratuito

Coincidindo co 30.º aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o proxecto expositivo Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada pretende amosar unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que pasou polas súas aulas ao longo do xa superado cuarto de século de actividade. Seleccionáronse trinta artistas que cobren o arco temporal das diferentes promocións, desde os licenciados nos primeiros anos de existencia da Facultade até os que aínda se atopan finalizando, agora mesmo, a súa etapa formativa. Cada artista estará representado na exposición por unha obra, ou conxunto de obras, de especial relevancia dentro da súa traxectoria; na súa gran maioría, optouse por obras adquiridas por museos, institucións e coleccións privadas —moitas delas pertencen á propia Colección CGAC— pechando así o círculo do imprescindible apoio social e institucional á produción artística.

O cinco lustros de diferenza consumados entre os artistas presentes na exposición, supoñen case o cómputo de tempo dun salto de xeración (aqueles mozos que ían facer 30 anos no 2000, farán 50 no 2020); de xeito que asistiremos tamén, mediante o despregamento deste conxunto de proxectos, a algo que se aproxima bastante a unha nova substitución xeracional, con todos os cambios de modelo que isto implica.

En paralelo á exposición, Natalia Poncela e Miguel Anxo Rodríguez coordinarán un intenso programa de actividades estruturado nun ciclo de mesas de debate, seminarios, conferencias e encontros con artistas. Ao mesmo tempo, o espazo Aula Aberta, acondicionado para ese fin nas salas do CGAC, e os espazos docentes da Facultade de Belas Artes acollerán diversas clases, seminarios e presentacións dos grupos de investigación da propia universidade.

Un dobre proxecto de edición completará este programa expositivo: o libro-catálogo da mostra coa correspondente documentación gráfica, e unha segunda publicación, cuxa función será documentar e rexistrar as achegas e propostas xurdidas dos debates, encontros e actividades.

Horario: aberto de 11 a 20 h. Luns pechado 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.