Concerto de Joven Dolores

Cuando:
18 octubre, 2019 a las 10:00 pm – 11:30 pm
2019-10-18T22:00:00+02:00
2019-10-18T23:30:00+02:00
Donde:
Sala Sónar
Precio:
8 € / 10 €

Joven Dolores é o novo proxecto de David Serra e Joan Barbé. Procedentes de Eivissa, berce mundial da música electrónica, foron parte fundamental do grupo de rock por excelencia da illa, Statuas d Sal.

Agora, o tándem formado polo cantante  Serra e o guitarrista Barbé únese á base rítmica de Frederic Torres ao baixo e Joan Carles Marí á batería para dar vida a Joven Dolores, unha aposta diferente no panorama nacional en castelán con cancións que emocionan e cun esmagador directo como garantía.

Co rock do século XXI como pano de fondo, o seu primeiro disco está cheo de referencias ao mundo que lles tocou vivir, falando especialmente do pensamento positivo, das relacións humanas e da importancia da muller e a súa situación de hoxe día. De aí o nome da banda (de muller e tamén do mítico barco que partiu durante 30 anos o roteiro Eivissa- Formentera desde 1965) e que cancións como ‘Optimista’, ‘Más palabras’ ou ‘Tocarte’ abanderen o seu primeiro álbum ‘ Galopa los días’  (autoproducido, 2019), situado no Top 15 dos máis vendidos en iTunes na súa primeira semana de lanzamento, e traballado coidadosamente coa ambición de presentalo tanto en España como en Latinoamérica.