fbpx

Colectiva Intimidade

Cuando:
5 septiembre, 2020 – 30 septiembre, 2020 todo el día
2020-09-05T00:00:00+02:00
2020-10-01T00:00:00+02:00
Donde:
Os Catro Gatos (Santiago) e Faro Vilán (Camariñas)

O espazo para a arte Os Catro Gatos, na Rúa das Rodas 13, abrirá as súas portas de novo este sábado, 5 de setembro, coa exposición Colectiva Intimidade.

Trátase dunha mostra que comparte dous espazos. Así, ademais de en Compostela, tamén poderá visitarse en Camariñas, no Faro Vilán. De feito, debido á situación de pandemia non se celebrará unha inauguración en Os Catro Gatos pero si que haberá un encontro cos artistas participantes no Faro o domingo día 6 ás 16:30 horas.

En Colectiva Intimidade participan os artistas Abe Rábade, Andreas Ruiz, Camilo Seira, Delio Sánchez, Inés Silvalde, Iñaki Canterla, Leonor Ruiz Dubrovin, María Magán, Marisa Calderón, Tino Canicoba, Vicente Ruiz Soldevilla e Xabier Liz.