Cociñando coas avoas

Cuando:
8 febrero, 2018 a las 6:00 pm – 8:00 pm
2018-02-08T18:00:00+01:00
2018-02-08T20:00:00+01:00
Donde:
Aula de Formación Praza de Abastos

A segunda edición do obradoiro de cociña para a mocidade “Cociñando coas avoas” celebrarase este xoves, 8 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas na Aula de Formación da Praza de Abastos. As encargadas de impartilo serán as cociñeiras Victoria Bar, Carmen Cabanas e Sara García, cunha ampla experiencia na cociña vinculada á hostalaría.

Neste obradoiro, dirixido a mozos e mozas de ata 30 anos, elaborarán as sobremesas típicas do Entroido, como filloas, orellas e rosquillas. Como indicou a concelleira de Mocidade, Noa Morales, durante o obradoiro “van a explicar a elaboración e as receitas de pratos tradicionais de Entroido, que xunto cos participantes cociñarán e degustarán ao remate”. As tres cociñeiras explicaron ante os medios de comunicación os mellores “trucos” para que saian boas como, por exemplo, “non botar moita cantidade para que saian finas, e ter paciencia”. Ao mesmo tempo, deron a receita para as orellas, “cuxa masa hai que deixar a estirar para que a orella saiba mellor”, e tamén para a elaboración de rosquillas.

A concelleira apuntou que “con esta acción queremos fomentar a ensinanza das receitas de sempre fronte ao que consumen maioritariamente os mozos e mozas”, ao mesmo tempo que “buscamos amosar unha forma de mercar distinta á das grandes superficies, apostando polo comercio local, as tendas pequenas e os produtos locais e de proximidade”.