Cinema Crianza

Cuando:
16 diciembre, 2017 todo el día
2017-12-16T00:00:00+01:00
2017-12-17T00:00:00+01:00
Donde:
Casas de Cultura de Milladoiro e Bartamiráns - Ames

A Deputación da Coruña apoia, a través da liña de festivais, a realización do primeiro festival internacional de cine infantil “Cinema Crianza” que se celebrará durante os días 15, 16 e 17 de decembro en Ames, o concello con maior porcentaxe de poboación infantil de Galicia. As proxeccións terán lugar nos auditorios das Casas da Cultura tanto do Milladoiro como de Bertamiráns. Ofrecerase unha programación coidadosamente escollida e diferenciada por rangos de idade na que haberá lugar para o cinema de animación, ficción e documental. Haberá dúas seccións competitivas de curtametraxes e unha programación fóra de concurso.

Co apoio da Deputación da Coruña e do propio Concello de Ames nace este festival promovido dende a cooperativa Urdime co afán de ofrecer unha proposta cultural de calidade para as familias ao tempo que se promove o gusto polo cinema entre os máis cativos e contribúe á formación dun público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. Para iso ofrecerase unha programación coidadosamente escollida e diferenciada por rangos de idade na que haberá lugar para o cinema de animación, ficción e documental.

A viaxe da infancia

A temática do festival xirará arredor da viaxe como metáfora para entender a infancia a xeito de etapa de tránsito, desde o que somos cando nacemos ó que nos chegaremos a converter. Cada nena e cada neno están inmersos nunha travesía á que Cinema Crianza se quere sumar cunha programación que terá como principal argumento as viaxes, tanto as físicas como as emocionais. Viaxes que en todos os casos, por moi dispares que parezan, sempre gardan un elemento en común: ser capaces de cambiarnos.

Concederanse dous premios ás mellores curtametraxes tanto da categoría “Axóuxeres”, orientada a un público de entre 0 e 3 anos, como da categoría “Buxainas”, na que se poden inscribir pezas dunha duración máxima de 25 minutos pensadas para público maior de 3 anos. Ademais de tres intensas xornadas de cine familiar, Cinema Crianza tamén ofrecerá actividades paralelas coma obradoiros e presentacións que enriquecerán esta edición e que farán de Cinema Crianza unha cita ineludible para o público familiar galego.