Cidade Imaxinaria Primavera

Cuando:
21 abril, 2018 a las 4:00 pm – 8:00 pm
2018-04-21T16:00:00+02:00
2018-04-21T20:00:00+02:00
Donde:
Cidade da Cultura
Precio:
Gratis

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida as familias a vir gozar o sábado 21 de abril ao Gaiás de Cidade Imaxinaria, a tradicional xornada lúdica familiar que desde hai oito anos se celebra todos os agostos na Cidade da Cultura e que, este ano, se festexa por partida dobre tamén en primavera para dar a benvida a esta estación.

Cidade Imaxinaria Primavera trátase dunha xornada familiar, ao aire libre e de balde, que recolle o espírito de diversión e festa da cita tradicional do verán con catro horas ininterrompidas de espectáculos, música e xogos, nos que mergullarse na ilusión e fantasía circenses, a quen se homenaxea xa que esta programación celébrase no Día Internacional do Circo.

Malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e clowns conquistarán todos os recunchos da Praza Central da Cidade da Cultura, compartindo espazo e programación con  músicas, danzas, xogos, teatro e fabulosas historias en formato de contacontos ou de representacións con monicreques.