Ciclo de cine ao aire libre

Cuando:
1 julio, 2020 a las 10:30 pm – 11:30 pm
2020-07-01T22:30:00+02:00
2020-07-01T23:30:00+02:00
Donde:
Alameda de Santiago
Precio:
Gratuito

A concellería de Mocidade de Santiago programa un Ciclo de Cine ao aire libre en xullo. Os filmes foron elixidos a través das redes sociais entre un listado no que había películas de varios estilos e épocas.

As proxeccións serán ás 22:30 horas na Alameda, a carón das escaleiras de subida cara a gardería. En caso de choiva, a actividades suspenderíase.

O ciclo desenvolverase en tres mércores de xullo, arrincando o 1 de xullo coa proxección de Call me by your name, de Luca Guadagnino. O 8 de xullo será a quenda de Malditos bastardos, de Quentin Tarantino, e o ciclo pecharase o 15 de xullo con A moza danesa, de Tom Hooper