Ciclo Cultura Contemporánea Nexos

Cuando:
27 enero, 2018 a las 12:00 pm – 2:00 pm
2018-01-27T12:00:00+01:00
2018-01-27T14:00:00+01:00
Donde:
Biblioteca de Galicia - Cidade da Cultura de Galicia
Precio:
3 €

O ciclo de cultura contemporánea Nexos regresa en xaneiro de 2018 da man de Marcos Lorenzo, combinando relatorios a cargo de destacados expertos con actuacións artísticas sorprendentes. E sempre desde un formato didáctico, ameno e distendido.

Nesta sexta edición abordarán as dificultades na crianza das fillas e fillos e a situación dos coidados persoais nunha sociedade individualista; analizarán as claves da explosión creativa na banda deseñada e animación en Galicia; preguntaranse polo estado do noso patrimonio cultural e polas fórmulas necesarias para poñelo en valor; achegaranse á actualidade do mundo árabe e musulmán sen os lentes deformantes de Occidente; e coñecerán un chisco máis sobre a renovación e florecemento nas pasadas décadas da música popular portuguesa.

No apartado artístico, redobrarán a súa aposta por dar voz ao talento galego a través de producións propias, creadas en exclusiva para Nexos.

Cinco sesións a celebrar na Biblioteca de Galicia e que rematarán cun convite a un viño e un petisco, cortesía de Conservas Antonio Pérez Lafuente e Bodegas Martín Códax. Porque diso se trata, de ofrecer un aperitivo cultural para as mañás dos sábados.

Nexos Infantil celebrarase no mesmo horario para cada unha das sesións: de 12 a 14 horas e para nenos/as de entre 5 e 12 anos de idade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.