fbpx

Carteis e outras impresións, de Rebeca Losada

Cuando:
13 noviembre, 2020 – 18 diciembre, 2020 todo el día
2020-11-13T00:00:00+01:00
2020-12-19T00:00:00+01:00
Donde:
A Reixa Tenda
Rúa do Hórreo
46 Santiago

A ilustradora galega afincada en Madrid, Rebeca Losada, inaugurou exposición na tenda A Reixa Matrioska, que celebra o seu 15 aniversario e que poderá visitarse até o 18 de decembro. Carteis e outras impresións é un percorrido polo seu traballo ao longo deste último ano tan incerto, marcado pola pandemia. Nel, ilustración e deseño gráfico converxen e fálannos desde sensacións compartidas no confinamento ata poñerlles cara a discos e cor a eses concertos que tanto botamos en falta. A música como fío conductor e a cor como vehículo.

Entre outros deseños realizados nestes tempos de medo e inseguridade, Losada encargouse de poñerlle trazo e cor a un tema dedicado ao sector sanitario que sacou Vetusta Morla xunto a outros artistas: «Los abrazos prohibidos». Tamén é autora da capa do último disco de Xoel López, e dos do seu grupo de versións, Combo viramundo.

Desconocernos, de Guille Galván

Xunto a Losada estivo o poeta e letrista de Vestusta Morla, Guille Galván, que vén de sacar o seu segundo poemario, o primeiro ilustrado tras debutar en 2015 con Retrovisores. Cos versos de Desconocernos, o autor de letras que xa forman parte da historia do indie español e de toda unha xeración, como «Copenhague», «Los días raros» ou «23 de julio», consegue tecer un espazo poético propio e inconfundible, listo para ser habitado. Ao remate da presentación, Galván asinou exemplares da súa obra.

Fiel á súa filosofía, e un ano máis baixo o patrocinio de Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa Matrioska Tenda avanza esta edición intermedia 2020, marcada pola crise sanitaria da covid, coa que se quere contribuír a manter viva a cultura nestes tempos de incerteza no que tan necesaria resulta. Nos próximos días, e en función da evolución da pandemia, iranse desvelando outros eventos que como antesala do X aniversario do festival prestarán especial atención ás bandas de proximidade. O Outono Códax Festival continúa porque #aculturaésegura.