Banquete de Conxo

Cuando:
21 abril, 2018 – 22 abril, 2018 todo el día
2018-04-21T00:00:00+02:00
2018-04-23T00:00:00+02:00
Donde:
Carballeira de Conxo

A festa do Banquete celebrarase a fin de semana do 21 e 22 de abril na mítica carballeira de Conxo, ás beiras do Sar. A celebración dará comezo o sábado a partir das 12 da mañá cunha visita guiada ao Banquete de Conxo da man do xornalista Henrique Alvarellos. Posteriormente haberá unha mesa redonda sobre a importancia do Banquete e os desafíos que ten por diante o barrio de Conxo. Xa ás 18:30 horas darán comezo as actividades infantís cunha representación de monicreques, unha chocolatada e unha dinámica infantil titulada O Conxo que queremos, na que os nenos e as nenas expresarán as súas ilusións e soños para o barrio. Tamén ás 18:30 h actuará a coral do Hospital Psiquiátrico de Conxo acompañada da Coral Solfa, rematando con Conxo, festa da poesía, un evento lúdico que incluirá rap, poesía, regueifa e música.

O domingo retómase a festa ás 11:30 horas cun desfile teatralizado de estudantes e artesáns dende o casco histórico ata o campo de Conxo, onde haberá un concerto da Banda Municipal interpretando pezas de mediados do século XIX. A continuación, a estrea dunha obra teatral na que se escenifica o Banquete de Conxo orixinal e un xantar popular con brindes da veciñanza e poetas. A sobremesa estará amenizada polo Serán da fraternidade, unha foliada de música tradicional. O domingo haberá unha nova oportunidade de coñecer a zona cunha nova visita guiada con Henrique Alvarellos, a partir das 18:30 h.

Fito histórico

O 2 de marzo de 1856, un grupo de estudantes universitarios, entre os que se atopaban Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Manuel Murguía (mesmo se pensa que tamén estivo Rosalía de Castro) convidaron a obreiros e artesáns a un xantar baixo a carballeira de Conxo. Alí houbo proclamas progresistas e demócratas que non gustaron ao poder dominante da época e que foron consideradas subversivas. Ademais, algúns dos seus impulsores foron despois referentes do rexurdimento das letras galegas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *