Bad Religion

Cuando:
30 mayo, 2020 a las 9:30 pm – 11:30 pm
2020-05-30T21:30:00+02:00
2020-05-30T23:30:00+02:00
Donde:
Multiusos Fontes do Sar

Bad Religion, a banda máis icónica da historia do punk rock americano cumpre 40 anos. Por iso, durante 2020 realizará unha serie de concertos por todo o mundo e un deles terá lugar no Multusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela dentro do marco da programación cultural das Festas da Ascensión compostelás.

Outra banda icónica que actuará en Santiago o próximo 30 de maio serán os británicos Cock Sparrer, quen leva desde 1972 exercendo como cabezas de serie do punk rock e Oi! inglés. Outros que o público non poderá perderse serán aos italianos Talco, quen desde Italia veñen ata Galicia nun concerto que será a antesala do seu próximo e esperado novo traballo discográfico.

Unha das bandas nacionais máis en forma da actualidade, Desakato, estarán a presentar o seu próximo novo disco “La Miel de las Flores Muertas” en Galicia neste concerto. Os asturianos, puntas de lanza do punk rock nacional, farán as delicias dos miles de fans que xa posúen en Galicia.

Os barceloneses Blowfuse e os galegos Bastards On Parade serán os encargados de abrir esta xornada de concertos que poderemos gozar no Multiusos do Sar e que sen dúbida fará que miles de afeccionados ao rock, punk rock e hardcore se despracen ata a capital galega para gozar dunha das citas musicais deste 2020.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.