Autocine ‘Lúa Chea no Barbanza’

Cuando:
3 julio, 2020 a las 8:30 pm – 9:30 pm
2020-07-03T20:30:00+02:00
2020-07-03T21:30:00+02:00
Donde:
Boiro, Ribeira, Rianxo e a Pobra do Caramiñal
Precio:
Gratuito

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza LÚA CHEA NO BARBANZA, unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro concellos de Arousa Norte (Boiro, Ribeira, Rianxo e a Pobra do Caramiñal) ao longo dos meses de xullo e agosto.

Autocine Lúa Chea no Barbanza comezará no concello de Boiro o venres 03 de xullo na peirao de Cabo de Cruz con dous pases: ás 20:30 horas ‘Grease’ (cinema clásico) e as 23:30 horas ‘Parásitos’ (cinema actual) e o sábado 04 de xullo ás 20:30 horas ‘Pinoccio 3000’ (cinema familiar) e ‘O que arde’ (cinema galego).

O seguinte fin de semana, será no concello de Ribeira (Porto – Muelle Comercial): Venres 10 de xullo ás 20:30 horas ‘Sonrisas de una noche de verano’ (cinema clásico), ‘Somos Criminais’ (produción galega) e o sábado 11 de xullo ás 20:30 horas ‘Gorgi, las mascotas de la reina’ (cinema familiar) e ás 23:30 horas ‘Tolkien’ (cinema actual).

O fin de semana do 17 de xullo LÚA CHEA NO BARBANZA chegará a Rianxo ás 20:30 horas con ‘Cinema Paradiso’ (cinema clásico) e ás 23:30 horas ‘O que arde’ (cinema galego), e o sábado 18 de xullo ás 20:30 horas ‘O Cid’ (cinema familiar) e ás 23:30 horas ‘La Biblioteca de los libros rechazados’ (cinema actual).

O peche do Autocine terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal na explanada portuaria do aparcadoiro o venres 21 de agosto ás 20:30 horas con ‘La vida es bella’ (cinema clásico), e as 23:30 horas ‘Eroski Paraíso’ (cinema galego) o sábado 22 de agosto ás 20:30 horas con ‘Pérez, o ratonciño dos teus soños’ (cinema familiar) e ‘Bohemian Rapsody’ (cinema actual).

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.