fbpx

37ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Cuando:
9 julio, 2020 – 18 julio, 2020 todo el día
2020-07-09T00:00:00+02:00
2020-07-19T00:00:00+02:00
Donde:
Cangas de Morrazo, Pontevedra

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila pontevedresa do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 compañías escénicas galegas, seis  chegadas doutras procedencias e diferentes actividades de difusión e formación arredor da compoñente máis lúdica e social do teatro.

A Mostra, organizada desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, cumpre deste xeito o seu encontro anual co público e faino cun aprazamento de varias semanas das súas datas habituais, coa potenciación do programa de rúa e con todas as adaptacións de espazos e protocolos requiridos no actual contexto de crise sanitaria pola covid-19.

A 37ª Mostra de Cangas contará con 10 espectáculos galegos, tres deles estreas absolutas: O Monte das Aras, a cargo de Teatro de Ningures; Hell Brothers, por CirKompacto; PYKA, por Cinema Sticado, e As boas actrices, pola compañía 3 (Clara Gayo, Mónica Camaño e Arantxa Villar). A estas propostas súmanse Commedia, de Contraproducións; Guerra de identidade, de DeuVe; Liberto, de Rebordelos Teatro; , de Xanpatito Pato; Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico, e As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste.

Completan a carteleira Napoleão, da lusa Companhia do Chapitô; Dolce Salato, da italiana Carpa Diem; a coprodución galego-brasileira Circo de Lume, de Asasocirco; a italo-cántabra Punto y Coma, de El Cruce; a madrileña The Pimitals, de Producciones Yllana e Primital Bross, e a vasca Tonbola, a cargo de HIKA Teatroa.

A programación inclúe o IV Torneo de Dramaturxia, actividade na que colabora o Centro Dramático Galego e na que competirán María Lado, Roberto Salgueiro, Marta Pérez e Fernando Castro Paredes, con Esther F. Carrodeguas como condutora.

Contexto poscovid

A edición deste ano, que achegará novas localizacións ao aire libre para facilitar a distancia social, mantén a xornada Mulleres en Acción, que chega á súa vixésima entrega co título Fenda laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais. Antes e despois da pandemia, así como diferentes actividades divulgativas, talleres, presentacións de libros, coloquios e exposicións. O contexto poscovid tamén centrará o encontro de teatro Nova Realidade, para abordar as consecuencias que nesta arte está a ter a crise sanitaria actual.

O pregón inaugural correrá a cargo de Paula Carballeira e os dous galardóns que se outorgan serán para Quico Cadaval (XXXIV Premio Xiria ao Labor Teatral) e para Mercedes Oliveira (Premio Mulleres en Acción).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.