fbpx

XL Feira do Libro de Santiago

When:
8 Maio, 2021 – 17 Maio, 2021 all-day
2021-05-08T00:00:00+02:00
2021-05-18T00:00:00+02:00
Where:
Alameda de Santiago de Compostela

Volve a Feira do Libro, que se celebrará na cidade desde o sábado día 8 de maio ata o luns día 17, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

A apertura da Feira do Libro, que estará instalada na Alameda, terá lugar o sábado a partir das 11:30 horas, coa actuación ás 12:30 da Banda Municipal e, tras as intervencións institucionais, o pregón pola escritora Arantza Portabales.

Ao longo de 10 días pasarán pola Feira máis de 60 escritoras, ilustradores, traductores e outros profesionais do mundo do libro.

As librerías participantes son: AENEA, A Gata Tola, Cortizas, Ler Librerías Pobra do Caramiñal e Pedreira. Acompañadas da editora Lorca Libros.

A Feira estará ubicada na Alameda, en horarios de 11,30-14,00 h./17,30-21,00 h.