fbpx

Viaje a la luna: Lorca por Voadora

When:
12 Xuño, 2021 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.
2021-06-12T19:30:00+02:00
2021-06-12T21:30:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia - Santiago
Cost:
12 €
Foto: Sílvia Poch

Voadora regresa a casa. A compañía de teatro de vangarda que dirixe Marta Pazos volve aos escenarios da súa cidade, Santiago, para presentar unha das súas últimas producións, Viaje a la Luna, unha espectacular peza teatral baseada no único guión cinematográfico escrito por Federico García Lorca e que conta con tres candidaturas aos XXIV Premios Max das Artes Escénicas 2020-2021 pola composición musical (Hugo Torres), a escenografía e iluminación (CUBE.bz).

A produción de Voadora é a primeira adaptación escénica que se fai do manuscrito de Lorca, logo do seu descubrimento no ano 1989 en Oklahoma. En 1929, após a estrea de El perro andaluz, Lorca escribe durante a súa estancia en Nova York, como réplica, un guión con 72 secuencias.  É un guión que escribe a man e que lle entrega ao pintor e director surrealista Emilio Amero, quen finalmente non chega a rodar nada. Mais é a súa viúva quen, 60 anos despois, atopa o texto nunha mesiña de noite.

Marta Pazos, directora artística e de escena de Voadora, é a responsable da adaptación da peza, que se presenta como unha topografía vangardista do imaxinario lorquiano a través dos símbolos do seu universo máis recoñecibles (a lúa, o sangue, as mans fragmentadas) e que o poeta acompaña dos estímulos e influencias vangardistas que recibe ao chegar a Nova York no 1929, nun momento previo ao crac do 29, e no que o autor trata de atopar novas fórmulas para que agromen as súas palabras, ideas e arte. Viaje a la Luna é, pois, unha montaxe sen palabras e ateigada de erotismo na que Pazos exprime a poética de Lorca de xeito exponencial. Deste xeito, a directora propón unha lectura contemporánea das 72 secuencias deste guión de cine desde un punto de vista plástico. Así, intencionadamente, a materialización escénica non conta con elementos audiovisuais, co obxectivo de poñer en valor as ferramentaas propias do teatro para conectar co cinematográfico.