fbpx

Venres Troyanos

When:
1 Xullo, 2022 @ 7:00 p.m.
2022-07-01T19:00:00+02:00
2022-07-01T19:15:00+02:00
Where:
Praza de Mazarelos
Cost:
5 €

O Museo Casa de la Troya continúa coa súa actividade dos Venres Troyanos, que se poñía en marcha hai cinco anos con grande éxito entre o público de todas as idades. O primeiro destes roteiros terá lugar o 17 de xuño, e terá continuación ao longo de todo o verán. No mes de xullo celebraranse os días 1 e 22, e en agosto o 5 e 19.

Benigno Amor é o presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o Museo. Explica que “estes roteiros culturais teatralizados por diferentes rúas e prazas do casco antigo de Compostela buscan achegar ao participantes, de maneira amena e divertida, os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a novela de Pérez Lugín La Casa de la Troya”. Durante o percorrido explícase como era a cidade entón, os usos sociais hoxe desaparecidos e tamén se afonda nas personaxes e anécdotas da época.

Estes roteiros dramatizados pola cidade histórica compostelá partirán da praza de Mazarelos, ao pé da estatua de Montero Ríos, ás 19:00 h, e rematarán cunha visita ao Museo Casa de la Troya aproximadamente unha hora e media máis tarde, sobre 20:30 h. O número máximo de participantes por cada visita será de 15. Pódese realizar reserva previa enviando un correo electrónico a visitas@lacasadelatroya.gal ou chamando aos teléfonos do Museo (981 585 159 / 695 211 266). Teñen un custo de 5 € e de 2 € para os menores de 16 anos.

Estas visitas guiadas ofrecen a posibilidade de viaxar no tempo ata a Compostela de finais do século XIX da man de Casimiro Barcala, o estudante recreado por Pérez Lugín na súa novela; interpretado por Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia, que leva máis dunha década realizando visitas guiadas dramatizadas. Nesta actividade búscase combinar a información cultural e histórica co humor. O guía vencellará os lugares que se visiten coa trama do libro.

Horarios do Museo Casa de la Troya

A vella pensión de estudantes poderá visitarse ata finais de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Ata mediados de xullo abrirá de xoves e sábado e logo todos os días agás domingos e luns. Todas as visitas son conducidas polas guías do museo e teñen unha duración duns 25 minutos, en grupos de dez persoas máximo.