fbpx

V WOS Festival x SON Estrella Galicia.

When:
10 Setembro, 2021 – 12 Setembro, 2021 all-day
2021-09-10T00:00:00+02:00
2021-09-13T00:00:00+02:00
Where:
Santiago de Compostela
Eartheater

Entre os días 10 e 12 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela a V edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia. Por mor da situación derivada da covid-19, non será un evento do tamaño que veu sendo habitual, senon unha versión Lite Edition, que malia ser máis pequena, contará con todas as súas características propias e a súa esencia.

O festival seguirá celebrándose en diferentes localizacións de Santiago de Compostela, e como cada ano, presentará unha programación multidisciplinar á que a organización non renuncia a pesar de celebrar unha edición máis contida.

No apartado musical, porán o foco en novos talentos da creación contemporánea e artistas moi difíciles de ver en territorio nacional. O cartel albergará os concertos do pianista ucraíno Lubomyr Melnyk, as estadounidenses Eartheater, quen estreará en Europa o seus álbumes publicados recentemente, e Elori Saxl, que tocará tamén por primera vez en España presentando o seu aclamado primeiro disco The Blue of Distance acompañada da cellista Margarida Mariño e a violinista María José Pámpano.

O keniano KMRU e a neerlandesa-alemá Grand River presentarán os seus últimos traballos no marco incomparable da Igrexa da Universidade. Completan o programa o francés Jonathan Fitoussi, quen ofrecerá un concerto único no Teatro Principal e a artista de Kazajstán Galya Bisengalieva, que pechará o festival no mesmo espazo presentando por primeira vez en España o seu concerto audiovisual Aralkum.

No programa audiovisual presentarán dúas películas: Sisters with Transistors e a premiere en España do filme Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes. As súas directoras, Lisa Rovner e Caroline Catz, participarán nun coloquio posterior á proxección.  Nesta edición, o programa de cine do festival pón en valor e visibiliza a través da mirada das súas directoras -ambas referentes cinematográficas na actualidade- o papel transcendental dunha serie de mulleres na historia da creación contemporánea e a música de vangarda.

GRANDES NOMES INTERNACIONAIS LIDERAN A PROGRAMACIÓN MUSICAL

WOS Festival x SON Estrella Galicia é sinónimo de música de vangarda. Nesta edición especial, a programación musical amosa unha ampla selección de proyectos ambient e minimalistas, ideais para a escoita e a experiencia nun formato sentado.

Mesturando a súa gran voz con elementos acústicos e electrónicos, un dos nomes propios desta Lite Edition é Eartheater, unha das artistas incipientes da escena underground estadounidense. A súa visita supón a premiere en Europa do seu recente Phoenix: La Petite Mort, tras o éxito en 2020 do seu anterior traballo, Phoenix: Flames Are Dew Upon My Skin.

Tamén pasará polo festival Lubomyr Melnyk, o compositor e pianista ucraíno editado polo prestixioso selo Erased Tapes. É recoñecido internacionalmente polos seus aportes á música contínua, unha técnica de piano baseada en tocar extremadamente rápido e crear reverberación mediante o uso do pedal. Aos seus 72 años vén a agasallarnos as fervenzas de son que se crean cando Melnyk usa o seu instrumento.

Nacido en Kenia y actualmente afincado en Berlín, KMRU é un artista sonoro e produtor que se atopa como un dos maiores referentes do ambient a nivel mundial. No seu último traballo, Logue, mestura composicións propias con gravacións de campo na súa África natal.

Outra premiere en España chega da man de Galya Bisengalieva, unha compositora e violinista kazakh-británica que vén de presentar o seu primeiro disco Aralkum. A mensaxe do traballo é profundamente ecoloxista e está chea de sentimiento, xa que fala do desastre natural e social que supuxo a seca do Mar de Aral, lugar onde medrou.

Pola súa banda, a neerlandesa-alemá Grand River infíltrase coa súa música no experimental cunha inclinación cinematográfica, colocando un punto de vista case documental sobre complexas estruturas rítmicas. No 2020 publicou o seu segundo disco Blink a Few Times To Crear Your Eyes, un chamamento a ver o que nos rodea dende diferentes perspectivas.

Precisamente, sobre observar dun xeito plural fala Elori Saxl en The Blue of Distance, o seu disco de debut. A estadounidense reflexiona sobre as diferentes maneiras de percibir as estacións cun disco composto metade en verán, metade en inverno. Esta será a primeira vez que se poda presenciar un concerto seu en España, para o cal estará acompañada da cellista Margarida Mariño e a violinista María José Pámpano.

Completa a programación o francés Jonathan Fitoussi, músico especializado en sintetizadores modulares e que traballa na exploración dos sons electrónicos e acústicos mediante texturas melódicas, cores e emocións. Ademais, ten a particularidade de que para cada directo emprega un set especial, o que convertirá a súa actuación en única e irrepetible.

O AUDIOVISUAL E AS MULLERES PIONEIRAS DA MÚSICA ELECTRÓNICA

Seguirán apostando como en edicións pasadas pola programación audiovisual. Nesta ocasión, no programa WOS Cinema x Numax poderán verse as películas Sisters with Transistors, de Lisa Rovner e a estrea en España de Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes, de Caroline Catz. Ademais, contará con coloquios coas dúas directoras posteriormente á proxección dos seus filmes.

Pola súa banda, Sisters with Transistors é un documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Pón en valor nomes como Clara Rockmore, Daphne Oram o Laurie Spiegel, que abriron camiño a outras artistas en xeracións posteriores.

O programa tamén pretende reivindicar a figura doutra pioneira como Delia Derbyshire estreando en España o biopic Delia Derbyshire: The Miths and the Legendary Tapes, que aborda a súa figura a través de material de arquivo, entrevistas cos seus colaboradores e recreacións dramáticas. Esta longametraxe trascende o seu propio xénero para transformarse en algo lírico, unha película dedicada a una desas mulleres fundamentais para entender a música de vangarda contemporánea.

As entradas estarán dispoñibles o luns 30 de agosto a las 12:00h e poderán adquirirse a través da web do festival (wosfestival.es).  Debido aos protocolos sanitarios vixentes, os diferentes espazos terán un aforo moi reducido. Nos próximos días desvelarase o resto da programación, que terá carácter gratuíto. Ademais dos xa habituais Talks, orientados a pensamento e debate, o programa incluirá un conxunto de actividades que terán lugar en diferentes localizacións exteriores en Santiago de Compostela.