fbpx

TRC danza: Ina

When:
8 Outubro, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-10-08T20:30:00+02:00
2022-10-08T20:45:00+02:00
Where:
Teatro Rosalía de Castro
Cost:
10 €

Ina é un espectáculo que pon o foco no concepto da luz, esa luz que non vemos pero que brilla con intesidade dentro de nós. Unha viaxe que nos convida a mirar ao ceo e ás estrelas que o compoñen, na busca de facernos sentir a conexión coa esencia, con ese foco de luz que nos alimenta e nos fai iguais. Sobre o escenario, Paloma e Daniel, dous corpos e a luz.

Vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as súas risas de lonxe. Un estalido de luz conéctanos cos nosos soños.

Somos po de estrelas

Ina é a colaboración desexada entre Paloma Hurtado e Daniel Morales, que tras anos cruzándose as súas traxectorias, finalmente atopan o espazo-tempo para coincidir e compartir viaxe. Ambos os intérpretes comparten unha linguaxe de danza contemporánea que vai máis alá da forma, atendendo ao contido, á mensaxe e á relación da creación escénica coas audiencias.