fbpx

TATTOO EXPO SANTIAGO

When:
10 Xuño, 2022 – 12 Xuño, 2022 all-day
2022-06-10T00:00:00+02:00
2022-06-13T00:00:00+02:00
Where:
Área Central

Área Central acollerá os días 10, 11 e 12 de xuño a primeira edición de Tattoo Expo Santiago, unha convención do mundo da tatuaxe que reunirá a uns cincuenta profesionais procedentes de diferentes puntos de Galicia, así como doutros puntos de España e Portugal.

A convención contará coas casetas dos estudos participantes onde se realizarán tatuaxes e atenderanse consultas de asesoramento. Dentro da propia convención, haberá un concurso de tatuaxes para que os propios tatuadores presenten os traballos realizados durante os tres días da convención.

Ademais, Tattoo Expo Santiago contará cun amplo programa lúdico que incluirá actuacións musicais, exhibicións de grafitis, animación itinerante, exposicións culturais e unha batalla de galos, entre outras actividades. Desta maneira, a organización, encabezada por Miguel Rúa, busca que estas tres xornadas sexan unha “auténtica festa da tatuaxe en Galicia”, ademais dun punto de encontro dos tatuadores, quenes se coñecerán e intercambiarán coñecementos.

As casetas dos participantes estarán distribuídas polos corredores de Área Central e a maioría das actividades desenvolveranse na praza de Europa (a praza interior de Área Central).