fbpx

Solpores no Lagoeiro

When:
1 Xullo, 2022 @ 10:00 p.m.
2022-07-01T22:00:00+02:00
2022-07-01T22:15:00+02:00
Where:
A Casa Do Lagoeiro
Vilar
17, A Estrada
36680
Cost:
Desde 20 €

Solpores no Lagoeiro suma a súa terceira edición cun xiro na esencia que busca achegar aos galegos e galegas o mellor da música en directo; a través de diversidade de xéneros e estilos con artistas e grupos de referencia no ámbito nacional. Todo isto nunha contorna rural e emblemática como é O Lagoeiro. Ávidos da volta á normalidade será un espazo no que vibrar e saciar por fin as gañas que tiñamos de xuntarnos e de festexar. E así o faremos nun ciclo de seis concertos que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto; nos atardeceres dos xoves e venres, co fin de ser referente no calendario estival de festivais galegos.