fbpx

SILENCIO

When:
26 Maio, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:00 p.m.
2022-05-26T20:30:00+02:00
2022-05-26T22:00:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
14 €

Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, cumprindo co preceptivo protocolo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente no solemne acto, vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio. Os seus oíntes son os outros académicos, cos que comparte estrado, e as persoas -familiares, amigos, colegas, autoridades, descoñecidos…- que viñeron a acompañalo esta tarde. Vai falar sobre o silencio na vida e no teatro, quizais tamén sobre o silencio na súa vida e no seu teatro.

Igual que aos espectadores, eses silencios poden enfrontar, a quen escribiu o discurso e a quen agora o pronuncia, cos silencios das súas propias vidas. Quizais quen pronuncia o discurso e quen o escribiu teñan, en cada momento, a tentación de calar. Quizais o silencio, que soporta o discurso e sobre o que o discurso indaga, poña o discurso en perigo. E quizá o máis valioso sexa finalmente, por encima e por baixo das palabras, poder escoitar xuntos o silencio.