fbpx

Sala NASA 1992-2022

When:
19 Outubro, 2022 – 19 Novembro, 2022 all-day
2022-10-19T00:00:00+02:00
2022-11-20T00:00:00+01:00
Where:
Zona C. Punto de información cultural

Entre o 13 de outubro e o 13 de novembro ofrecerase a mostra “Sala NASA 1992-2022” sobre a traxectoria da compañía Chévere na Zona C da praza de Cervantes. Ademais, coincidindo co aniversario da compañía, a Editorial Kalandraka porá en circulación o libro Autobiografía Chévere 1987-2022.

A compañía

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta de creación propia tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

Desde 1987 Chévere actuou en centos de aldeas, vilas e cidades de toda Galicia, España, Portugal e outros países europeos, latinoamericanos e africanos. Fixo espectáculos de moi diferentes estilos e formatos e traballou en espazos pouco convencionais: na rúa, en barcos, aeroportos, carpas de circo, escaparates, ríos, portos, radios, bares, aulas… Usando o humor como filosofía, a risa como expresión e o pensamento crítico como ferramenta, as súas obras confrontan no palco os debates do presente coa memoria dun pasado recente que nos afecta, documentándoo escénicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi foron traballos como N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021), As Fillas Bravas e o Mito de Casandra (2020), Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), As Fillas Bravas de Momán (2014), Ultranoite no País dos Ananos (2014), Eurozone (2013), a triloxía Citizen (2010-2011) ou Testosterona (2009).