fbpx

Revera Vinum

When:
27 Marzo, 2023 – 28 Marzo, 2023 all-day
2023-03-27T00:00:00+02:00
2023-03-29T00:00:00+02:00
Where:
San Francisco Hotel Monumento
Santiago
Presentación do II Encontro Revera Vinum.

A Asociación Hostelería Compostela promove por segundo ano consecutivo o Encontro do Viño Galego Revera Vinum, organizado por Escenoset co patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a colaboración de diversas entidades, como o Cluster Turismo de Galicia, o CIFP Compostela ou o CPR O Raio Verde. O evento pretende dar a coñecer e promover os viños galegos entre os profesionais do sector, así como a veciñanza e os turistas que visiten Compostela. Celebrarase os días 27 e 28 de marzo, no San Francisco Hotel Monumento, en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas.

Así o sinalou o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, na que participaron o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recordando que este encontro “busca repetir o éxito da primeira edición, que reuniu a máis de 180 adegas galegas, e polo que pasaron cerca de 5.000 visitantes”.

O evento servirá tamén para “potenciar o turismo gastronómico e recoñecer tanto a calidade dos nosos viños como o peso do sector na economía galega, ademais de axudar a dinamizar a propia hostalaría da cidade”.

Para Nava Castro, “Galicia sen o viño, as súas D.O. e as súas IXP non se entendería”. A directora de Turismo de Galicia afirmou que é unha rexión que se “pode desfrutar os 365 días do ano”, sendo Compostela “un escaparate perfecto para atopar todas estas referencias”, dando a oportunidade de “catar a nosa esencia” e coñecendo a cultura do viño “da man de grandes sumilleres e relatores”.

Todas as variedades de uva

Serán máis de 500 referencias dunhas 200 adegas, entre a área expositiva e o Túnel do Viño (aberto de 11.00 a 20.30 horas), que dará a oportunidade aos visitantes de que se coñezan todas as variedades de uva implantadas en Galicia.

Ademais, Castro destacou o “amplo programa de actividades” do Revera Vinum, que incluirá catas históricas, obradoiros, degustacións, mesas de debate e relatorios con sumilleres, enólogos e xornalistas especializados, durante os dous días que dura o evento. Tamén se fará entrega da Distinción Revera Vinum, para recoñecer o esforzo dos profesionais para pór en valor os nosos viños.

Neste sentido, Castro fixo especial fincapé no alto nivel dos relatores, coma Luis Paadin, Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, Jose Luis Bouzón, Andrea Obenza, David Pascual ou Cecilia Fernández, entre outros.

As actividades terán un custo de entre 35 e 45 euros, se ben moitas delas serán gratuítas.

Entradas

O presidente da Asociación Hostelería Compostela lembrou que o programa “todavía está aberto” e engadirá algunha sorpresa, ademais de adiantar que as entradas, ó prezo de 10 euros, sairán á venda a mediados de febreiro, podendo adquirirse na propia sede da asociación e nalgúns locais colaboradores, así como a través da páxina web (www.reveravinum.gal), á que remitiu para estar informado “xa que é alí onde se irá colgando puntualmente toda a información relativa ao encontro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.