fbpx

“Onde a Música Habita”

When:
3 Decembro, 2022 @ 12:00 p.m.
2022-12-03T12:00:00+01:00
2022-12-03T12:15:00+01:00
Where:
Colexio Raíña Fabiola
Rúa de Entregaleras
s/n, Santiago de Compostela
15705
Cost:
Free

O Concello de Santiago; e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de catro concertos baixo a denominación “Onde a Música Habita”, que terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade. Presentárono hoxe en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid.

Segundo manifestaron, o obxecto do ciclo de concertos é pór en valor a arquitectura notable da cidade como marco destas accións culturais. Trátase dun ciclo de concertos itinerantes que nace para achegar a música a espazos arquitectónicos referentes na cidade, espazos dos que moita cidadanía descoñece a súa relevancia arquitectónica, a pesares de ser edificios coñecidos e utilizados. Cada concerto será introducido polo actor Quico Cadaval, que contará aos asistentes a historia de cada localización. Tamén sinalaron, que en cada concerto a música porase ao servizo da arquitectura, adaptando cada proposta musical ás características do espazo.

O ciclo celebrarase os días 26 de marzo, co concerto de Guadi Galego no Colexio Raíña Fabiola; o 18 de xuño, co concerto de Laura Lamontagne & Picoamperio, Xardín das Pedras na Biblioteca de Fonseca; o 17 de setembro co concerto de Abraham Cupeiro no Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre; e o 3 de decembro co concerto de Xan Campos Trío na Praza de Aurelio Aguirre en Conxo.

“Onde a música hábita”, “un título sinxelo pero cun contido moi potente” en palabras de Mercedes Rosón, que “resume a esencia do que serán estas catro propostas musicais. Resume a simbióse entre espazo e son, entre harmonía e arquitectura”. Para a concelleira, servirá para visibilizar e unir “ese inmenso patrimonio que ten Compostela coa cultura”. Uns espazos urbanos, engadiu, que agora se poñen en valor”, nunha primeira experiencia que “estamos seguros vai ser un éxito”. Ángel Cid amosou o seu desexo de que esta iniciativa “se convirta nun ciclo estable dentro da programación cultural da cidade, ademáis de ser un proxecto exportable a outras cidades”. Un ciclo, engadiu, que recolle ” a nosa fe na forza da música e da arquitectura para transformar o mundo”.

Guadi Galego no colexio no Raíña Fabiola

A iniciativa comezará este sábado, 26 de marzo, co concerto de Guadi Galego ás 12:00 h no Colexio Raíña Fabiola, obra do arquitecto italiano Giorgio Grassi, onde Quico Cadaval dará as claves desta construción.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e desde ese momento daría paso a unha carreira que a levou por un camiño cheo de éxitos musicais como Espido (xunto a Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Xabier Díaz) ata o seu actual proxecto persoal, banda coa que está a traballar nun novo proxecto.

A faceta de teórico da arquitectura impregna toda a obra do italiano Giorgio Grassi. A súa idea de que os principios da arquitectura son únicos e inmutables reflíctese en toda a súa obra e, claro está, tamén no seu conceptual proxecto para un colexio público compostelán como o Raíña Fabiola. Construído nunha horta-xardín, nunha beira da cidade histórica, o severo edificio amosa na súa simetría e regularidade os valores de intemporalidade que lle permiten aparecer no centro do terreo como un volume sólido, sereno, sen formas sorprendentes.

As entradas para os concertos, que son gratuitos, pódense reservar na web de reservas.gal, no apartado “Onde a música habita”.