fbpx

“muller”, de Carmen Cabaneiro

When:
9 Outubro, 2021 – 6 Novembro, 2021 all-day
2021-10-09T00:00:00+02:00
2021-11-07T00:00:00+01:00
Where:
Os Catro Gatos
Rúa das Rodas
13 - Santiago
A mostra de escultura en cerámica “muller” tenta simbolizar os camiños trillados da sociedade e as oportunidades que moitas veces suscitan. Mulleres desprovistas de calquera adorno, sen cabelo e con poucos trazos de diferenciación sexual intentan fuxir dos roles de xénero construídos socialmente e que nos encarceran a todos en categorías inxustas e desiguais. Roles que como construcións sociais poden ser destruídos ou transformados por nós mesmos. Preservar os coñecementos adquiridos durante séculos, levantados sobre o tacto, gusto, sabores… en ámbitos íntimos moi feminizados, conquistar a vista, o sentido máis público e intelectual, reservado en gran parte tradicionalmente ós homes. Transformar os obxectos cotiás: froiteiros, verduleiros, cocteleiras, paneiras en obxectos artísticos con novas posibilidades. Partes do corpo humano codificados durante séculos fragmentados e repetidos como o noso interior en combinación con textos constitúen a terra da exposición. É unha iniciativa que pretende rescatar o máis fermoso de ser muller empodeirandonos na nosa creatividade e capacidade de reflexión. Para crear mundos diferentes pero igualmente nosos.
A autora da mostra Carmen Cabaneiro é unha artista multidisciplinar que une ó seu quefacer artístico ó pensamento. Profesora de Filosofía dende hai décadas non podería comprender a vida sen o seu traballo no taller de escultura e pintura en Castro de Rei, no centro da Terra Chá (Lugo) . Namorada da natureza ten a enorme fortuna de vivir en continuo contacto con ela e iso se traduce na súa obra.
Estudou nas escolas de Artes “Mestre Mateo” de Santiago e “Ramón Falcón” de Lugo. Seleccionada na XXXIV Escola libre de Sargadelos e experiencias artísticas estivais.(2005) e en feiras internacionais como a Bienal de Vilanova da Cerveira e a do Avante en Lisboa.
Ten un Master en Arte Contemporáneo, Crítica e Museoloxía da Universidade de Santiago e foi co-fundadora do Grupo Outro, grupo de 39 artistas de dez países (2005) e do Grupo 2065 en 2010.
Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, nacionais e internacionais (Portugal, París, Bruselas, Milán, Viena, Florida, Beijing, Hong kong…).