fbpx

Mujeres Libres (1936-39). Precursoras de un mundo nuevo

When:
30 Maio, 2022 – 24 Xuño, 2022 all-day
2022-05-30T00:00:00+02:00
2022-06-25T00:00:00+02:00
Where:
Facultade de Historia de Santiago de Compostela

A CNT Galiza quere achegar esta importante exposición que xa leva catro anos xirando por todo o Estado con grande éxito. A inauguración terá lugar o día 30 de maio en Compostela ás 19:00h no Claustro da Facultade de Historia da USC, cunha presetación a cargo de Violeta Pérez. A exposición permancerá en Compostela ata o 24 de xuño. Despois trasládase a Allariz.

Sonia Lojo , historiadora na Fundación Anselmo Lorenzo, arquivo histórico da CNT, é a comisaria desta homenaxe á agrupación libertaria dos anos 30. Mulleres que reivindicaron consignas tan actuais como a liberdade sexual, a conciliación laboral, a sororidade e o mesmo salario para homes e mulleres.

A historia das mulleres é un feito silenciado por iso esta exposición trata de recuperar a obra e labor dun grupo de mulleres que nace nos meses previos da guerra civil cunha tripla finalidade, emancipar da tripla escravitude á que se atopa sometida a muller como produtora, como muller e como obxecto.

Mujeres Libres nace cunha función cultural e orientadora debido ás altas taxas de analfabetismo feminino onde tentará formar á muller e elevar a súa situación social a través da formación e orientación ás ideas libertarias como forma de conseguir unha igualdade real a través dunha transformación económica, política e social que promulga o anarquismo.