fbpx

MELONAFEST

When:
22 Setembro, 2021 – 26 Setembro, 2021 all-day
2021-09-22T00:00:00+02:00
2021-09-27T00:00:00+02:00
Where:
Santiago de Compostela

Tras un duro letargo como consecuencia da pandemia desatada polo COVID-19, o MELONAFEST reinvéntase e anuncia datas para o 2021, as súas primeiras confirmacións e unha nova localización aínda por desvelar.

O festival, cuxas datas habituais roldaban a primeira quincena de abril, celebrará a súa quinta edición neste ano Xacobeo 2021 entre o 22 e o 26 de setembro para despedir o verán, saudar ao outono e empezar o curso universitario con enerxías renovadas.

Hai unhas semanas que o colectivo A Melona empezou a axitar as súas redes, facendo pública a nova imaxe do seu buque insignia, e expondo unha serie de interrogantes que hoxe empeza a despexar sobre a celebración do evento neste ano. O festival, que alumou a súa primeira edición no 2016, xa é unha cita obrigada para os amantes do underground, que peregrinan á capital galega ano tras ano para coñecer a bandas e artistas emerxentes galegas, estatais e internacionais, participando ademais dun prolijo programa de actividades paralelas ao redor da música, as artes e o intercambio cultural nun evento que ofrece aos seus asistentes unha experiencia intensa e singular.

O MELONAFEST, un festival con identidade propia e realizado desde a paixón e o agarimo dun grupo de mozos con diversas inquietudes, presenta as tres primeiras confirmacións do seu cartel para este ano: Adiós Amores, Chico Blanco e Paco Moreno. Adiós Amores e Chico Blanco eran dous dos pratos fortes da edición 2020, que quixo pero non puido ser pola pandemia e que tivo que foi cancelada a escasos días da súa celebración. Pola gran demanda expresada por parte do público, a organización decide manter estas dúas propostas para a edición 2021, á vez que incorpora na súa programación a Paco Moreno, quen se encargará de traer a auténtica rumba de agora a Santiago de Compostela.

Despois duns anos subindo cancións a Soundcloud baixo distintos pseudónimos, e vendo que o público que goza da rumbita boa crece cada vez máis, Paco Moreno abandona a sempre confortable soidade da súa habitación e decide que é hora de levar a súa rumba aos escenarios.

Chico Blanco recupera xéneros como o house dos 90, o techno ou o UK garage para cruzalos co ADN da música urbana actual. A sensación tras escoitar por primeira vez cancións como ” WTF Is In My Cup”, “ Positif Siempre” ou “Fantasía” é a de estar fronte a algo totalmente novo.

Adiós Amores confórmanse no verán de 2019, despois de meses de cancións compartidas. O proxecto destas dúas andaluzas colleita múltiples influencias como Jeanette, François Hardy, Pony Bravo ou Deerhunter, aínda que se materializa nun son propio e orixinal que nos fai lembrar o mellor do pop e da psicodelia, sen esquecer a copla e a tradición de figuras como Lole e Manuel.