fbpx

maré 21 de músicas e artes atlánticas

When:
23 Setembro, 2021 – 26 Setembro, 2021 all-day
2021-09-23T00:00:00+02:00
2021-09-27T00:00:00+02:00
Where:
Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Parque de Bonaval
Bia Ferreira

O festival maré 21, de músicas e artes atlánticas, chega este 2021 a Compostela cunha chea de propostas do 23 ao 26 de setembro. Nado en Pontevedra (2003), maré 21 aséntase na capital galega e avanza unha edición renovada, para celebrar a diversidade cultural atlántica e certificar que Galiza merece un festival á altura dos grandes neste bienio Xacobeo 21·22. A continuación, ofrecemos as confirmacións iniciais e a primeira quenda de 100 abonos cun prezo reducido.

Baixo o lema warethwa!!! (“avante” nunha das linguas locais mozambicanas, o chopi, do sur deste país africano), o festival maré volve a Compostela este 2021 para converterse en referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico.

De Brasil (Japa System, Bia Ferreira, Jéssica Caitano e Luana Flores) a Cabo Verde (Maria Alice & Jon Luz), pasando por Colombia (Elkin Robinson), Mozambique (Timbila Muzimba), Catalunya (Maria Arnal i Marcel Bagés, Ferran Palau, Albert Pla), Arxentina (Nación Ekeko), Portugal (Marta Miranda, Luiz Caracol) ou Galiza (Verto, Familia Caamagno, Davide Salvado, Maleducadas), maré 21 apoia de xeito decidido a diversidade, o achegamento e intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais.

Durante catro días, maré 21 reunirá artistas de máis de 10 países en máis de 30 concertos, entre os que haberá dúas estreas mundiais e oito en Galicia, dentro do rico e variado elenco desta iniciativa cultural pioneira e a súa singular aposta cultural, social e económica que quere potenciar a creación feminina e da mocidade, a experimentación, a sostibilidade ambiental, as novas linguaxes artísticas e a diversidade.

Desde os seus inicios maré quixo situar Galiza no epicentro global a través dun mapa de conexións cos territorios atlánticos e ser un territorio de diálogo intercultural a través da música, o circo, a poesía e outras artes coa vontade de celebrar que vivimos nun mundo diverso e cheo de talento compartido.