fbpx

Holi Gaiás 2022

When:
4 Xuño, 2022 @ 11:00 a.m.
2022-06-04T11:00:00+02:00
2022-06-04T11:15:00+02:00
Where:
Cidade da Cultura
Cost:
5 €

O sábado 4 de xuño a Cidade da Cultura volve acoller unha nova edición, a cuarta (a última celebrouse no 2019) da Holi Gaiás, unha carreira lúdica, de carácter familiar e festivo na que, ademais das ganas de facer unha actividade deportiva, tamén cómpre vir con ánimo de pasalo ben ao son da música e con alegría para fozarse coa poeira de cores.

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable en grupo, en familia, coas amizades, nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.

Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India. E que mellor que nesta ocasión, na que vimos dunha situación de convivencia complicada, para volver a vernos e gozar da compañía e do aire libre, divertíndonos todos xuntos, con coidado e precaución, pero coma sempre.

A proba, que consta de 5 kilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas.

Inscricións en Ataquilla.com (ou no Museo Centro Gaiás),