fbpx

GALIZA PROFUNDA. OLLADAS Á REALIDADE DO RURAL GALEGO

When:
9 Abril, 2022 @ 11:00 a.m. – 7:00 p.m.
2022-04-09T11:00:00+02:00
2022-04-09T19:00:00+02:00
Where:
Casa de Rebolos de Maruxío
Nº 27
Terreboredo, Souto
A Estrada

Casal de Creación e Maruxío presentan a exposición colectiva GALIZA PROFUNDA. OLLADAS Á REALIDADE DO RURAL GALEGO NA ILUSTRACIÓN E FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEAS. Trátase dunha mostra ecléctica nas técnicas artísticas representadas, así como nos backgrounds das artistas que a compoñen. A exposición pretende ser unha oda ao rural galego entendido coma pedra angular para a comprender a identidade galega e cales son as olladas das artistas xoves contemporáneas sobre do mesmo. A narración expositiva discorre vertebrada en tres grandes bloques: A MULLER, A TERRA E A IDENTIDADE E MEMORIA HISTÓRICA acompañados doutros satélites que procuran un mellor entendemento e reflexión sobre da nosa identidade de orixe eminentemente rural. Tratarán de debullar concepcións e prexuízos como o “autodio”, a diglosia, o “feísmo”, a “Galiza profunda” etc. e por que conseguen manterse aínda no tempo. Na exposición colectiva participan con collage, ilustración, técnica mixta, ilustración dixital, frotagge e fotografía as artistas: Lidia Cao, Mary de Lirios, Alberte Peiteavel, Sabela Eiriz, Ariadna Silva Fernández, Rosa de Cabanas, Pruden TT e Acontravento, Cavalinho do Demo, Iria Ribadomar, Alejandro Mosquera, Rebeca Lar, Xiralúa, Pampillo Store e Neka como artista convidada.

O evento celebrarase os días sábado 9 e domingo 10 de abril na Casa de Rebolos de Maruxío número 27, localizada na aldea de Terreboredo (Souto, A Estrada), en horario de 11 da mañá a 7 da tarde.

Contarán con actividades que complementan a exposición e que intentarán facer partícipes a todas aquelas persoas que se decidan a visitala. Contarán coa proxección do documental producido pola deputación de Pontevedra ACORDA; a actuación de Jásper e Néboda e de Uxío e Serodio (música tradicional); unha mesa redonda de artistas (A BATALLA CULTURAL DANA AS ARTISTAS. Sobre do Posicionamento da Artista e a súa Creación); presentación do libro Este pandeiro que toco. Concha do Canizo de Xulia Feixóo; a presencia da poeta e cantareira Iria Medraño quen presentará A raíz do corazón e contarán tamén con proxeccións para as cativas así coma talleres, zonas para comer e un mercado de ilustración e artesanía con máis de vinte marcas creativas galegas ao longo dos dous días.