fbpx

Festival Terra Máxica

When:
7 Outubro, 2021 – 17 Outubro, 2021 all-day
2021-10-07T00:00:00+02:00
2021-10-18T00:00:00+02:00
Where:
Santiago de Compostela

O festival Terra Máxica chegará a Santiago de Compostela do 7 ao 17 de outubro con vinte espectáculos que encherán de maxia e ilusión centros de día, escolas, residencias, institutos e espazos naturais como o parque de Bonaval.

O Mago Teto, Dani García, Fani Triana, Fran Rei, Martilda, Iván Asenjo e Pablo Super Star serán os/as protagonistas deste festival que chega á capital galega tras seis anos celebrándose con éxito no Concello de Ourense. Organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. Galega, Terra Máxica consolídase así como un festival de referencia na maxia galega. Isto non sería posible sen o apoio do Concello de Santiago, que con esta iniciativa fai posible que a maxia chegue a todos os recunchos da cidade.

“Terra Máxica reunirá en Santiago aos mellores magos e magas de Galicia e do resto do Estado, na que haberá espazo para a perspectiva social, con espectáculos en defensa da lingua galega (As Nosas Letras) e o feminismo (Maxia pola igualdade) e de temática LGTBIQ+ (Applause). Ademais, imos demostrar que a maxia non é só cousa de nenos/as, senón que teremos espectáculos que emocionarán ao público de todas as idades, como por exemplo ao das residencias ou centros de día”, afirman dende a organización.