fbpx

Festival de Artes Escénicas: A fonética dos corpos

When:
20 Outubro, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-10-20T20:00:00+02:00
2022-10-20T20:15:00+02:00
Where:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora
Cost:
Free

Dous espectáculos teatrais nesta edición do festival de artes escénicas A fonética dos corpos, do programa “Agra no Ágora”.

QUERCUS ROBUR

Participantes na actividade “Teatro interxeracional”, da asociación veciñal Agra, representan a peza Quercus robur.

SINOPSE: tanto quercus como robur eran os nomes romanos dados aos carballos en xeral e á súa madeira; robur tamén facía alusión á fortaleza e perseverancia de ánimo. Que sucedería se tres individuos saen da súa carballeira para meterse nun competitivo bosque de asfalto?

A SEÑORA DE FORCADELA

SINOPSE: Josefa García Segret, muller represaliada, autora do texto autobiográfico Abajo las dictaduras, non pode resignarse ao esquecemento e trae a escena a súa memoria e o seu desexo de facer xustiza. Como ela mesma di, débello á súa vida destruída e a todas as persoas que loitaron pola liberdade.

REFERENTE HISTÓRICO: Baseado na biografía de Josefa García Segret (Tui, 1900 – Oleiros, 1986), mestra que en 1936 estaba destinada na aldea de Forcadela, concello de Tui. Por militar nun partido democrático de esquerdas e non practicar a relixión católica sufriu todo tipo de represións; persecución, cárcere, abusos, pena de morte. Librou da condena grazas á implicación solidaria do médico e xornalista Darío Álvarez Blázquez. A partir do relato dos feitos de Josefa e Darío, Os Quinquilláns crearon A señora de Forcadela, un espéctáculo teatral didáctico promovido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para o catálogo ‘O Pasado Por Vir’, para reivindicar a Memoria Histórica cunha perspectiva de xénero.