fbpx

“Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”

When:
9 Decembro, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-12-09T21:00:00+01:00
2022-12-09T21:15:00+01:00
Where:
Teatro Colón
Cost:
Desde 14,00 €

O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 9 de decembro o espectáculo “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”, formado por tres dos máis recoñecidos cómicos galegos do panorama nacional, David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas. As entradas están dispoñibles para a súa compra desde o 4 de novembro, nos canais oficiais de venda. 

Tras unha exitosa xira o ano pasado, coa totalidade das entradas vendidas e unha grande acollida por parte do público galego, volve unha vez máis ‘Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano’. Os cómicos galegos David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven, como xa é tradición, a casa polo Nadal. A primeira función celebrarase no Teatro Colón da Coruña o 9 de decembro. Posteriormente, visitarán Santiago de Compostela e Vigo o 29 e 30 do mesmo mes respectivamente. 

Case dúas horas de risas, bromas, improvisación e humor. Coa idea de repetir cada ano por estas datas, nace un espectáculo de monólogos, onde tres dos humoristas con máis traxectoria do noso país, contarán as peripecias que lles sucederon durante os últimos 12 meses.