fbpx

Diario 21 de Vicente Prego

When:
27 Marzo, 2021 – 24 Abril, 2021 all-day
2021-03-27T00:00:00+01:00
2021-04-25T00:00:00+02:00
Where:
Os Catro Gatos
Rúa das Rodas
13 - Santiago
Obra de Vicente Prego

No compostelán Espazo para a Arte Os Catro Gatos Gatos (Rúa das Roda, 13) inaugúrase o vindeiro 27 de marzo, entre as 17:00 e as 21:00 horas, a exposición “Diario21” do pintor Vicente Prego (A Coruña 1957).

As obras que presenta, realizadas sobre papel ou madeira, son unha selección do traballo deste último ano. Figuración e abstracción, fondos informalistas con recreacións de arquitecturas clásicas ou paisaxes, imaxes reais ou inventadas, como unha exploración a través dun itinerario difuminado polo recordo. Na súa obra mantense ese desexo de atopar un territorio de equilibrio entre orde e caos, figuración e abstracción, azar e premeditación, realidade e ficción.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e graduado na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, Vicente Prego expón regularmente nas principais galerías de Galicia e a súa obra figura nas coleccións de importantes institucións e museos galegos: Deputación Provincial da Coruña, Unión Fenosa, Xunta de Galicia, Consorcio de Santiago, Caixanova, Universidade da Coruña e Caixa Galicia.
A mostra poderase visitar até o 24 de abril.