fbpx

Desembarco Chévere

When:
11 Novembro, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-11-11T20:30:00+01:00
2022-11-11T20:45:00+01:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
Desde 12 €

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e os compoñentes da compañía Chévere, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, presentou o ciclo de espectáculos “Desembarco Chévere” que se desenvolverá ao longo deste outono con motivo do 35 aniversario da mítica compañía.

Con motivo deste aniversario, a compañía lanza o “Desembarco Chévere”, un xeito de celebrar en ruta os 35 anos sobre os escenarios e que se desenvolverá desde o mes de setembro ata o mes de decembro percorrendo Galicia con diversas actuacións. Tamén verá a luz un libro autobiográfico e unha exposición sobre a historia da compañía.

En Santiago, o Auditorio de Galicia acollerá os días 4 e 5 de novembro o espectáculo CURVA ESPAÑA e os días 11, 12, 13 do mesmo mes, N.E.V.E.R.M.O.R.E coincidindo coas datas do 20 aniversario do afundimento do Prestige. Ademais, de ambos espectáculos tamén se fará unha versión dirixida a estudantes de ESO e Bacharelato, dentro do programa didáctico. Será os días 7 e 8 para CURVA ESPAÑA e o 10 e 11 para N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Ademais, tras catro anos, Chévere recupera unha nova edición da Ultranoite, o seu formato marca e un dos espectáculos máis queridos polo público na que sería a súa edición número 111. Desta volta farase no Liceo de Noia, e porase á disposición de todos os que queiran asistir, un Ultrabús que sairá desde Santiago, con parada en Bertamiráns. Este espectáculo, un fenómeno único na historia recente da producción cultural galega, mestura xéneros teatrais populares como o cabaré e o teatro de variedades, o vodevil e o café teatro, o music hall e a revista.