fbpx

DeMENTE

When:
20 Maio, 2022 @ 8:30 p.m. – 9:30 p.m.
2022-05-20T20:30:00+02:00
2022-05-20T21:30:00+02:00
Where:
Teatro Principal
Cost:
10 €

DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración, cun elenco artístico de 8 bailadores/as en gran formato. As escenas desenvólvense ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto atópase dentro dun marco escénico e vestiario ideado por Carlos Alonso Alonso xunto cun deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A fisicalidade e a estética contemporánea, dentro do baile e a música tradicional galega, preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalana Carla Diego Luque como directora artística.

DeMente plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión practicamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios (“Ao tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a morte.”), a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana”…