fbpx

Continente María

When:
20 Maio, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-05-20T20:00:00+02:00
2022-05-20T20:15:00+02:00
Where:
Salón Teatro
Cost:
Desde 6 €

Con Laura Iturralde como responsable da iluminación, José Faro Coti da escenografía e Jairo Iglesias do vídeo, Continente María mestura teatro, poesía, música en directo (a cargo do o músico Vadim Yukhnevich) e traballo audiovisual para achegarlle María Casares ao público dun xeito artístico. O espectáculo é un canto ao teatro e á vida a través do diálogo coa extraordinaria figura da artista. Presenta a actriz como o mapa dun continente a percorrer gozando dos detalles da súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir todo o que a realidade e a poesía poden ofrecer.

As funcións previstas no Salón Teatro terán lugar ata o 29 de maio, con sesións de xoves a sábado, ás 20,00 horas, e os domingos, ás 18,00 horas. As entradas están xa á venda na web ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes desde dúas horas antes de cada sesión. O prezo é de 10 euros de xoves a sábado, con descontos para diferentes colectivos, e de 6 euros os domingos, día do espectador.

Continente María é a quinta coprodución estreada polo Centro Dramático Galego no que vai de ano. Súmase así a Come and go, de Helena Salgueiro; O Péndulo, de Inversa Teatro; Rastros, de Condetrespés, e os novos volumes de Clásicas desfeitas, en coprodución coa Cidade da Cultura de Galicia e a cargo das compañías Galeatro e Moving Compass. A programación de coproducións neste primeiro semestre péchase o 28 de maio con Asemblea xeral, de Sarabela Teatro, cuxa función inaugural terá lugar no Barco de Valdeorras. Co impulso a estes proxectos búscase dinamizar a actividade escénica e a creación de audiencia en todo o territorio, así como reforzar a colaboración pública e privada no eido teatral.