fbpx

CONCERTO DE NÉBOA

When:
20 Maio, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-05-20T21:00:00+02:00
2022-05-20T21:15:00+02:00
Where:
Sala Riquela
Cost:
10 €

Co furabolos moi limpo, Néboa xa pasou a xema polas marxes que semellaban delimitar a distancia entre a indietrónica, a música tradicional galega, a poesía elíptica, o jazz de vodevil, o pop alternativo, a extimidade da canción de autor e a idea dun pop internacionalista; e con todo o po que ficou apegado ó dedo, construíron un castelo sonoro que é, ó tempo, unha pequena casiña en metade dunha aldea e un rañaceos infinito.