fbpx

CONCERTO DE CARLOS CHILDE

When:
5 Xuño, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-06-05T21:00:00+02:00
2022-06-05T21:15:00+02:00
Where:
Sala Riquela
Cost:
Desde 8 €

 

Conta o guitarrista galego que comezou a tocar jazz tradicional de Nova Orleans tras visitar aquela cidade por primeira vez en 2015, convidado polo trompetista Will Smith (compoñente da Preservation Hall Jazz Band) e o percusionista Kerry Hunter (Dirty Dozen Jazz Band, The New Orleans Nightcrawlers) e namorarse do son dese estilo de música. Desde entón leva vivindo a cabalo entre Luisiana e España, tocando co seu proxecto en locais do French Quarter (o coñecido Barrio Francés de Nova Orleans) e colaborando con músicos da cidade.

Aproveitando o parón causado polo covid Carlos Childe reuniuse con músicos afincados en Madrid para gravar o seu terceiro álbum, «Where Y’at», expresión local de Nova Orleans que se utiliza coloquialmente como saúdo. Este disco é o primeiro dunha triloxía na que o musico galego interpretará algunhas das súas cancións favoritas do repertorio clásico de jazz tradicional cunha formación de sexteto (batería, contrabaixo, banjo, piano, trombón, clarinete e voz).

Carlos Childe iniciou o seu proxecto en solitario en 2007 tras formar parte de varios grupos de blues desde o ano 2000. O seu primeiro disco, “ Cooking Melodies”, é unha mestura de R&B e jazz, con cancións propias e versións de clásicos. Sete anos despois editou o seu segundo álbum, “More Nights Than Days”.

Childe foi gañador do Festival Noroeste Pop Rock en 2010 e acompañou a John Mayall na súa xira española de 2011. Tamén participou xunto a artistas como Yoko Ono ou Miguel Ríos no disco «The Beatles Homenaxe 50 Aniversario» cunha versión swing de «Lucy in the sky with diamonds». En 2012 colaborou, xunto a Xavi Font e Philip Glass, na banda sonora da película «O Apóstolo», pola que obtivo o premio á mellor banda sonora na Mostra de Lisboa e nos Mestre Mateo”.