fbpx

Ciclo “terraZeando”

When:
3 Novembro, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-11-03T20:00:00+01:00
2022-11-03T20:15:00+01:00
Where:
Compostela

O concelleiro Javier Fernández presentou a terceira edición do ciclo terraZeando, que percorrerá as terrazas de cinco centro socioculturais ofrecendo concertos de grupos rock, folk, rhyrhm and blues, pop…

Trátase dunha inciativa dirixida ao público adulto coa que se pretende poñer en valor os espazos abertos dos CSC, ao mesmo tempo que se ofrece unha actividade de carácter lúdico tanto para os asistentes como para toda a veciñanza.

A programación do ciclo ofrecerá un concerto de Dani Barreiro o 20 de outubro no CSC da Trisca; Chaladura Rock, o 27 de outubro no CSC de Santa Marta; Pablo Balseiro, o 3 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes; Dani Barreiro & Friends, o 10 novembro no CSC de Vite e Blues do País o 18 de novembro no CSC de Conxo. Todos os concertos terán lugar ás 20 horas excepto o de Conxo que ás 21 h.