fbpx

Ciclo Cine ao aire libre

When:
28 Xuño, 2021 @ 10:30 p.m. – 11:45 p.m.
2021-06-28T22:30:00+02:00
2021-06-28T23:45:00+02:00
Where:
Alameda de Santiago

A Concellaría de Mocidade programa un novo ciclo de cine ao aire libre, que terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño, no paseo central da Alameda de Santiago, a partir das 22:30 h. Neste ciclo emitiranse tres películas, previamente seleccionadas pola cidadanía entre un listado ao que se pode acceder desde o facebook Mocidade Compostela, que estará activado entre o 9 e o 14 de xuño.

Como cada ano, xusto antes da representación, haberá unha pequena presentación sobre a historia da película e os acontecementos máis importantes que tiveron lugar nese ano.

Para poder acceder ás proxeccións, non é necesaria a retirada de entrada, senón que será de acceso libre ata cubrir as prazas. Nas proxeccións manteranse a distancia de seguridade e será obrigatorio o uso da mascarilla e aqueloutras medidas que advirtan as autoridades sanitarias.