fbpx

Ciclo “Abracastaña. Por arte de maxia”

When:
3 Novembro, 2022 – 26 Novembro, 2022 all-day
2022-11-03T00:00:00+01:00
2022-11-27T00:00:00+01:00
Where:
Compostela

O próximo 3 de novembro, no Centro Sociocultural de Fontiñas, dará comezo a primeria edición ciclo “Abracastaña. Por arte de maxia” que rematará o 26 de novembro no Centro Sociocultural de San Lorenzo. O obxectivo desta actividade que percorrerá quince centros da cidade ao longo do mes de novembro é achegar o mundo da maxia a todos os públicos a través da actuacións de cinco recoñecidos magos: Vituco, Richard, Cali, Romarís e Marco.

A rede de CSC busca contribuír á consolidación da arte da maxia nas propostas socioculturais tanto no ámbito urbano como no rural con este ciclo que percorrerá os seguintes centros: Fontiñas (03/11), Pontepedriña (04/11), O Romaño (05/11), Villestro (11/11), Castiñeiriño (12/11), Amio (12/11), O Eixo (17/11), Busto (18/11), Santa Marta (19/11), Casa Agraria (19/11), Ensanche (24/11), Vite (25/11), Marrozos (25/11), Conxo (26/11) e San Lorenzo (26/11).