fbpx

“Catro[4”]segundos”, de Compañía Io

When:
29 Outubro, 2022 @ 8:00 p.m. – 9:00 p.m.
2022-10-29T20:00:00+02:00
2022-10-29T21:00:00+02:00
Where:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora
Cost:
9 €

Catro segundos foi o tempo que lle levou a esa morea de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segurndos que, desta volta, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluíuse para deixar paso a un corpo áxil e resolutor. Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e do autocoñecemento. Catro segundos lémbranos o animal que levamos dentro, ese animal que en ocasións pode chegar a salvarnos a vida.

Sobre o escenario e no medio dunha néboa densa aparécensenos dúas figuras humanas. Ela tumbada sobre el, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Non obstante hai algo estraño nas súas miradas. Xa nunca volverán ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia transcendental que lles cambiará a vida.

VENDA DE ENTRADAS:

  • WEB: www.ataquilla.com
  • Despacho de entradas da praza de Ourense (agás festivos): de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h.
  • Despacho de entradas do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)