fbpx

Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga

When:
4 Xuño, 2021 – 26 Setembro, 2021 all-day
2021-06-04T00:00:00+02:00
2021-09-27T00:00:00+02:00
Where:
CGAC
Ramón del Valle-Inclán
2
Santiago

Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e polo catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo, busca reconstruír a historia do libro inconcluso Nueva York Amarga, que Cela iniciou co obxectivo de retratar a cidade norteamericana en base ás fotografías realizadas por Carles Fontserè (Barcelona, 1916 – Girona, 2007) e ás cartas que ambos intercambiaron, así como os documentos, informacións e reflexións do catalán sobre a cidade que xuntaba ás fotografías.

A estrutura da exposición segue rigorosamente o esquema ideado por Cela, a modo de índice, para articular o libro, un total de 28 capítulos (dos que só chegou a escribir cinco) cuxos títulos suxiren imaxes vivas da cidade e da súa xente, acompañados cada un deles dunha listaxe de fotografías de Fontserè.

Na mostra poderán contemplarse tanto os manuscritos orixinais de Cela como unha selección de 140 destas fotografías (do total de 350 existentes), que forman parte todas elas do arquivo fotográfico do Nobel. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros como Viaje a la Alcarria (1948), con fotos de Karl Wlasak, e Nuevas escenas matritenses (1965-1966), con fotos de Madrid de Enrique Palazuelo, e as fotografías realizadas por Fontserè para Nueva York Amarga.