fbpx

Butaca de jazz

When:
2 Decembro, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-12-02T20:30:00+01:00
2022-12-02T20:45:00+01:00
Where:
Sede Afundación da Coruña

Afundación presenta a terceira edición de «Butaca de jazz» na súa Sede da Coruña. Enmarcado no programa solidario da Obra Social de ABANCA, «Cultura por alimentos», este ciclo musical presenta o mellor jazz galego con poxección internacional para o público que, reconvertendo a súa entrada tradicional polo equivalente en alimentos non perecedoiros acuda aos tres recitais previstos ata o mes de decembro. A reserva de entradas pode realizarse xa en Ataquilla.com.

Esta nova edición está encadrada no programa de «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación muda a entrada ordinaria aos eventos culturais por unha entrega solidaria de alimentos non perecedoiros que se poderán depositar nos colectores habilitados ao efecto e que logo serán distribuídos polos bancos de alimentos locais. 

Esta terceira edición de «Butaca de jazz» segue mantendo o foco no jazz galego máis internacional, combinándoo con outras propostas de fóra de Galicia. Un ciclo de propostas persoais, no que o número tres devén no protagonista absoluto. Nesta terceira edición, preséntanse tres concertos de tres tríos de piano, contrabaixo e batería, poñendo de relevo as inmensas posibilidades alén da coincidencia instrumental. Tres proxectos con tres sons completamente diferenciados. 

Nesta ocasión «Butaca de jazz» presentará os recitais de Paco Charlín (venres 18 de novembro, 20.30 h), Lucia Fumero (venres 25 de novembro, 20.30 h) e Nani García (venres 2 de decembro, 20.30 h), e da pianista Lucia Fumero (venres 25 de novembro, 20.30 h).