fbpx

‘ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS’

When:
14 Abril, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-04-14T20:00:00+02:00
2022-04-14T20:15:00+02:00
Where:
Salón Teatro
Cost:
10 €

O Centro Dramático Galego ofrece unha nova proposta de lecer teatral para a Semana Santa coa estrea este xoves día 14 no Salón Teatro da súa produción Ás oito da tarde, cando morren as nais. A montaxe, que permanecerá en cartel ata o 1 de maio, leva a escena o texto de AveLina Pérez (galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018) da man de Marta Pazos, responsable da dirección e da dramaturxia.

Cun elenco composto por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado, o espectáculo ofrece un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción que sitúa “o binomio artista-público como protagonista absoluto”, en palabras da súa directora.

A parte artística confórmana Rut Balbís, como responsable do movemento, Hugo Torres, do espazo sonoro, Nuno Meira, da iluminación e Blanca Añón, da escenografía. Completan o equipo Pier Paolo Álvaro e Esther Quintas, quen asumen o vestiario e a caracterización, respectivamente. Nas asistencias figuran Iria Azevedo, na de dirección, Pablo Chaves Maza, na de escenografía, Roger Portal Cervera, na de vestiario, e Xandre Vázquez, na de produción.

Ás oito da tarde, cando morren as nais poderase ver ao longo de tres semanas, con funcións diarias de mércores a domingo. O horario de xoves a sábado é ás 20,00 horas e o do domingo ás 18,00. As sesións dos mércores, tamén ás 18,00, son descontraídas,  dicir, en condicións especiais de luz e son para que poidan gozar do espectáculo persoas con dificultades para permanecer sentadas moito tempo ou con pouca tolerancia ao ruído e á escuridade.

Ademais, a partir da segunda semana, todas as representacións da unidade teatral da Xunta de Galicia serán inclusivas e disporase nelas de interpretación de signos, audiodescrición e sobretitulado para o público con discapacidade auditiva ou visual.