fbpx

16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

When:
6 Abril, 2021 – 10 Abril, 2021 all-day
2021-04-06T00:00:00+02:00
2021-04-11T00:00:00+02:00
Where:
Museo do Pobo Galego

A 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego celebrarase do 6 ao 10 de abril de 2021 en Santiago de Compostela, abrindo así a tempada anual de festivais galegos de cinema. Esta nova edición velará pola presencialidade das proxeccións e actividades cumprindo sempre coas medidas sanitarias e baixo a premisa de que as salas de cine e demais espazos museísicos e culturais son seguros. Porén a MICE manterá a fórmula híbrida para unha parte dos contidos dado a previsible limitación de aforos.

Podes consultar aquí a programación e as actividades paralelas.

A 16ª Mostra Internancional de Cinema Etnográfico conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, da Deputación da Coruña, de AGADIC e da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.