Ensalada de pasta rechea e hortalizas

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

Desta vez propoño un prato moi fácil e rápido de preparar, un prato único con moito sabor e moi saudable: ensalada de pasta rechea e hortalizas. As hortalizas achegan á pasta un toque lixeiro e compleméntana en nutrientes, as especias achegan sabor e frescor ao prato. Se o probas, asegúroche que repetirás.

Ingredientes (para 4 persoas):

300 gr. de pasta rechea de queixos (fresca refrixerada)

2 cabaciñas pequenas

250 gr. de tomatiños cherry

Zume de medio limón

½ culler de tomiño picado

Sal

Pementa recén moída

Aceite de oliva virxe

Alfábega fresca

Olivas negras en toros

Preparación:

Corta as cabaciñas con axuda dunha mandolina e ponas a macerar co zume de limón, o tomiño, un pouco de pementa, sal e aceite.

Corta os tomatiños á metade e sazona cun pouco de sal pementa e aceite, reserva.

Mentres tanto, coce a pasta, como é refrixerada estará lista en 3 ou 4 minutos, arrefríaa completamente ou deixa amornada se che apetece.

Nunha cunca, verte a pasta, os toros de cabaciña co seu mollo, os tomatiños, as olivas, a albáfega e mestura ben. Remove con coidado, proba de sal para rectificar se é necesario e sirve.